Trump asegura que Microsoft está en conversas para mercar TikTok
martes, 28 de xaneiro do 2025
- Pese a que chegou a asinar unha orde executiva prohibindo TikTok nos EE.UU. en 2020, Trump quixo tirar proveito da plataforma nas pasadas eleccións presidenciais
A axencia Reuters asegura que o presidente dos Estados Unidos, Donald J. Trump, declarou ante os medios que Microsoft está en conversas para adquirir TikTok e que lle gustarÃa ver unha guerra de poxas pola aplicación, aÃnda que Microsoft rexeitou facer comentarios ao respecto.
TikTok, que conta con preto de 170 millóns de usuarios estadounidenses, estivo brevemente fóra de liña o pasado 19 de xaneiro, ao entrar en vigor unha lei que obrigaba a ByteDance á súa venda a compañÃas estadounidenses argumentando motivos de seguridade nacional. AÃnda que legalmente TikTok e o resto de aplicacións de ByteDance están actualmente prohibidas nos EE.UU., varias compañÃas decidiron ignorar a lei ante a promesa de Trump de que non se tomarán medidas contra elas cando menos até 75 dÃas despois da entrada en vigor da lei, para dar tempo a buscar unha solución á complexa situación.
Curiosamente Trump foi un dos principais promotores da prohibición de TikTok, o que non impediu que empregase a plataforma de xeito moi activo durante a campaña electoral e que finalmente se posicionase contra a súa prohibición para gañarse o favor do público.
Trump tamén manifestou publicamente que vÃa con bos ollos que ofse Elon Musk que sen fixese co control de TikTok, aÃnda que polo momento no se coñece que fixese oferta algunha pola compañÃa, en contraste con Perplexity AI, compañÃa que si estarÃa disposta a facerse con parte da plataforma social.
En calquera caso, semella bastante difÃcil que ByteDance poida vender a súa división estadounidense, xa que o goberno chinés ten opción de veto neste tipo de decisións, e ten manifestado en numerosas ocasións que non claudicarÃa ante as presións dos EE.UU.