Trump asegura que os semicondutores non se librarán dos novos aranceis
luns, 14 de abril do 2025
- Trump comeza a Semana Santa desestabilizando a industria dos semicondutores
Durante a pasada fin de semana moitos celebraban que nos EE.UU. aprobasen unha nova excepción arancelaria, de xeito que os ordenadores, os smartphones, os semicondutores e moitos outros produtos de electrónica de consumo quedaban libres dos elevadÃsimos aranceis impostos ás importacións dende China.
Esta medida estaba vista como un xeito de recuperar a confianza nos mercados, xa que boa parte das industrias estadounidenses depende de importacións da China, e a carga arancelaria prexudicarÃa seriamente as súas contas por provocar un incremento de prezos de venda que poderÃa conter o gasto e levar aos consumidores a buscar outros provedores en contra do obxectivo inicial de Donald J. Trump ao impor estas cargas (como é promover a fabricación en territorio estadounidense).
Pero Trump non quere que esta concesión se vexa como tal, e acudiu a Truth Social a anunciar que as novas medidas non son unha «excepción arancelaria», senón que están a «revisar os semicondutores e toda a cadea de subministración electrónica» por motivos de seguridade nacional, ou sexa, que compañÃas como Apple só se librarÃan dos novos aranceis de xeito temporal, e deberá trasladar parte da súa produción a EE.UU. se queren gozar do favor do presidente.
Nesta liña destaca o feito de que nVIDIA anunciou a súa intención de construÃr nos EE.UU. fabricas para a produción de supercomputadores para a intelixencia artificial.
nVIDIA asegura que ten previsto construÃr máis de cen mil metros cadrados de espazo de produción para a fabricación de procesadores Blackwell en Arizona, mentres que os seus supercomputadores de IA fabricarÃanse en Texas.
A compañÃa lÃder en hardware para a IA ten xa varias instalacións nos EE.UU., e agora ten o compromiso de intensificar a súa produción en pouco máis dun ano, cunhas previsións de crecemento de produción no territorio estadounidense para os vindeiros catro anos.
Temos aquà unha declaración de intencións dunha compañÃa californiana que claramente busca evitar o impacto dos novos aranceis no seu negocio, estratexia que posiblemente sigan outras compañÃas estadounidenses nos vindeiros meses, aÃnda que resulta difÃcil distinguir os casos nos que se realizará unha auténtica produción local ou cando simplemente se maquillará a situación de cara á galerÃa.