Trump endurece a polÃtica de visados que facilitan a captación de talento tecnolóxico
luns, 22 de setembro do 2025
Nun movemento que marca un punto de inflexión na polÃtica migratoria laboral dos Estados Unidos, o presidente Donald J. Trump asinou unha proclamación que limita severamente a entrada de traballadores estranxeiros baixo o programa de visados H-1B (empregado polas meirandes compañÃas tecnolóxicas para incorporar traballadores altamente cualificados). A medida, anunciada o 19 de setembro de 2025, esixe un pagamento único de 100.000 dólares para cada nova solicitude de visado, excluÃndo renovacións e titulares actuais que se atopen fóra do paÃs.
Segundo a Casa Branca, esta acción busca frear os abusos sistemáticos do programa están a substituÃr traballadores estadounidenses por man de obra estranxeira máis barata, especialmente no sector tecnolóxico. Datos oficiais revelan que o número de traballadores STEM estranxeiros duplicouse entre 2000 e 2019, mentres que o emprego total en STEM apenas medrou un 44,5 %. En ocupacións de informática e matemáticas, a proporción de traballadores estranxeiros pasou do 17,7 % ao 26,1 %.
A proclamación tamén denuncia que empresas de outsourcing tecnolóxico están a aproveitar o programa para reducir custos, despedindo milleiros de traballadores estadounidenses mentres contratan miles de empregados estranxeiros. A administración Trump argumenta que esta dinámica non só afecta os salarios e oportunidades laborais dos estadounidenses, senón que tamén representa unha ameaza á seguridade nacional.
O Departamento de Seguridade Nacional e o Departamento de Estado coordinarán a implementación da medida, que estará vixente durante 12 meses, con posibilidade de prórroga. A medida, seguirá a táctica xa habitual da administración Trump de permitir excepcións discrecionais amparadas no interese nacional.
A voceira da Casa Branca, Karoline Leavitt, aclarou en redes sociais que o novo requisito económico non se aplicará aos titulares actuais de visados H-1B nin ás renovacións, e que entrará en vigor na vindeira quenda de lotarÃa de visados.
Este endurecemento da polÃtica migratoria laboral está a verse con moita preocupación dende Silicon Valley, xa que a importación de talento é a clave do seu éxito, e na actualidade, en plena explosión da intelixencia artificial, é crucial poder contar cos mellores cerebros do mundo e a inseguridade sobre a súa liberdade de movementos pode ser un grande atranco.
