Trump solicita ao Tribunal Supremo a suspensión do veto a TikTok
venres, 27 de decembro do 2024
Ante a inminente execución da orde que provocarÃa o cesamento das actividades de TikTok nos EE.UU., o presidente Trump, que tomará posesión do cargo o 20 de xaneiro, anticÃpase á súa asunción de responsabilidades e solicita ao Tribunal Supremo dos EE.UU. a suspensión das medidas contra TikTok, argumentando que estamos ante un caso no que hai un difÃcil equilibrio entre a liberdade de expresión, a polÃtica internacional e a preocupación pola seguridade nacional.
Dando que o presidente Trump será quen teña que manexar este tipo de situacións os vindeiros 4 anos, considera que está en posición de realizar a petición ao Tribunal Supremo, entre outras cousas, para defender os intereses dos 170 millóns de estadounidenses que fan uso de TikTok (e dos que 14,7 millóns son seguidores seus en tal plataforma).
Trump defende agora que o veto a TikTok debe retirarse, tendo que resolverse o conflito actual por canles polÃticas, e incluso salienta que durante a campaña electoral instou a que o votasen os que quixesen salvar TikTok (como un xeito de salientar que é a vontade do pobo que iso aconteza).
O decreto que vetarÃa a TikTok entrarÃa en vigor o vindeiro 19 de xaneiro, xusto un dÃa antes da toma de posesión de Trump, o que supón todo un problema para que poida atenderse a demanda do vindeiro presidente, pero na súa petición salienta que existe a posibilidade de prorrogar o prazo anterior até 90 dÃas, o que darÃa tempo a Trump para actuar unha vez teña competencias sobre a polÃtica exterior. Polo tanto, Trump se dirixe ao Tribunal Supremo consciente do atranco que supoñen os prazos fixados, preo pregando a oportunidade de que a Administración entrante poida solucionar politicamente este conflito tan complexo.