Trunfa en Indiegogo unha lámpada que serve para cargar o iPhone e o Apple Watch
martes, 7 de abril do 2015
Cando
comezaron os rumores de que o Apple Watch terÃa unha autonomÃa que non
superarÃa as 24 horas, forzando a que tivese que cargarse todas as noites, non
foron poucos os usuarios que comezaron a pensar na complicación que serÃa ter
que cargar o smartphone e o smartwatch
todas as noites, polo que MiTagg
poderÃa ter atinado de pleno ao iniciar
neste momento unha campaña de micromecenado en Indiegogo para facer realidade
unha curiosa lámpada de mesa que servirÃa tamén para cargar ambos dispositivos
de Apple. Temos asà que nun par de dÃas case triplicasen os 30.000 dólares
que precisaban para facer o proxecto viable, de xeito que no verán os mecenas
terán entre as súas mans os accesorios que poderán facilitarlles a súa relación
cos dispositivo conectados que levan enriba durante o dÃa.
- Quen merque a lámpada os primeiros dÃas recibirá de balde unha base de carga para o Apple Watch
A NuDock Power Station Lamp é a lámpada de carga que nace desta campaña, e neste momento pode adquirirse por 129 dólares (142,45 euros con gastos de envÃo) incluÃndo sen custo adicional por tempo limitado unha base de carga para o reloxo de pulso de Apple e unha baterÃa portátil (que custan por separado 19 e 34 dólares respectivamente). Este curioso trebello de aluminio anodizado é basicamente unha lámpada LED cunha base de goma que non só integra unha base para un iPhone e outra para un Apple Watch, senón que tamén agocha na súa base un porto USB de 2,4 amperes, o que permitirÃa a carga rápida doutro dispositivo, de xeito que o atractivo deste dispositivo resulta evidente. A lámpada tamén incorpora unha zona táctil que serve para regular a intensidade da súa luz.