Trunfa en Kickstarter unha cámara de 360 graos
xoves, 22 de maio do 2014
Cada dÃa parece que temos máis proxectos que chegan a
Kickstarter para conseguir financiamento e superan os seus obxectivos ao pouco
de botar a andar, e nesta liña destaca un proxecto
da compañÃa francesa Giroptic, que consiste nunha cámara Full HD de 360 graos
capaz de tomar fotografÃas, gravar vÃdeo ou incluso transmitir o seu sinal en
tempo real a través de Wi-Fi.
A 360cam procuraba xuntar 150.000 dólares para
facerse realidade o vindeiro mes de novembro e cando aÃnda faltan 43 dÃas para
que remate a súa campaña de captación de fondos xa superou os 215.000 dólares,
demostrando o atractivo deste produto con forma de ovo no que se integran 3
cámaras ollo de peixe (185 graos) que
permiten crear unha imaxe envolvente que resulta moi atractiva para poder ter
unha vista completa do contorno, podendo explorar este tipo de imaxes tanto na
pantalla do smartphone ou do ordenador, asà como en sistemas de realidade
virtual como Oculus Rift (co que podemos ter unha sensación de inmersión moi
realista).
- A 360cam ten un tamaño moi compacto
A cámara ten unhas dimensións de 6,9 x 6,9 centÃmetros, un peso de 180 gramos e
incluso é resistente á auga (ata 10 metros de profundidade) polo que pode
sosterse na palma da man, ou en multitude de trÃpodes, para facilitar o seu uso
en case calquera lugar, contando
incluso con accesorios como un adaptador para colocala no casco dunha
lámpada (do que tamén pode coller a alimentación eléctrica, convertendo a cámara
nun sistema de vixilancia de 360 graos), un protector para as súas lentes que
prevé que se mollen, para poder rexistrar imaxes en contornos acuáticos, e
incluso unha base con porto Ethernet para situacións nas que queremos garantir
a conectividade sen padecer os problemas que poden ocasionar as redes Wi-Fi.
A 360cam emprega como almacenamento tarxetas de memoria microSD (de ata 64 Gb), nas que garda
vÃdeo de 2.048 x 1.024 pÃxeles a 25/30 cadros por segundo e imaxes JPEG de 8
MpÃxeles (das que pode tomar ata 3 por segundo). A través de Wi-Fi tamén pode
emitir streaming mediante o codec en
tempo real H.264 a través do protocolo RTSP. Temos asà unha ferramenta que
facilitarÃa a creación de imaxes compatibles con Google Photosphere para
construÃr o noso propio Street View de lugares que non foran explorados por
Google.
- A cámara poderá controlarse mediante aplicacións móbiles
Os mecenas que queiran facerse coa 360cam recibirán tamén un cable USB, unha
baterÃa recargable, unha correa de man, unha funda e un manual de instrucións,
podendo tamén descargar as aplicacións oficiais da cámara para
Android e para
iOS, reprodutores de vÃdeo para OS X e Windows e incluso un reprodutor de
vÃdeo compatible con Oculus Rift.
O prezo da 360cam parte de 299 dólares (que con IVE rematarÃa sendo uns 189
euros), mentres que por 389 dólares (369 euros co IVE incluÃdo) recibirÃase a
cámara xunto co protector contra a auga e o adaptador para lámpadas (o que
permitirÃa empregar esta solución como cámara de videovixilancia sen fÃos).
- A 360cam conta con varios accesorios que a dotan de grande versatilidade
- As imaxes rexistradas pola 360cam poden verse dun xeito moi realista mediante Oculus Rift
- A 360cam pode revolucionar o xeito de rexistrar as nosas viaxes en imaxes, por ofrecer un punto de vista de 360 graos
VÃdeo promocional da 360cam en Kickstarter