Tuenti Móvil introduce no seu catálogo o HTC Desire C
martes, 19 de xuño do 2012
Tuenti Móvil continúa a reforzar o seu catálogo de móbiles
pensando nos usuarios que non queren deixar moitos cartos no seu terminal, á
vez que queren gozar de prestacións avanzadas, e nesta liña teñen
agora o HTC Desire C, que pode adquirise en prepagamento por 189 euros,
mentres que os usuarios de contrato pagarÃan por el 69 euros de tratarse dunha
alta nova ou 29 euros nunha portabilidade, prezo que pode considerarse bastante
vantaxoso para un smartphone con
Android 4.0 con HTC Sense 4, pantalla de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x
480 pÃxeles e tecnoloxÃa Beats Audio.
O HTC Desire C é
un terminal cun procesador a 600 MHz, 512 Mb de RAM e 4 Gb de memoria interna
ampliable mediante tarxetas microSDHC, cámara de 5 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth
4.0, micro-USB, baterÃa de 1.230 mAh, unhas medidas de 107,2 x 60,6 x 11,95
milÃmetros e un peso de só 98 gramos. Tamén inclúe 25 Gb de almacenamento en
Dropbox durante 2 anos para que poidamos gardar as nosas fotografÃas na nube
(con acceso ás mesmas dende a GalerÃa do móbil).