Tuenti Móvil oferta o terminal Sony Ericsson Xperia mini pro

xoves, 14 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Coñecedores de que entre a mocidade causan furor os móbiles con teclado físico completo para poder conversar en tempo real dun xeito áxil, Tuenti Móvil vén de incorporar ao seu catálogo o móbil Sony Ericsson Xperia mini pro, que presume de ser un dos máis manexables do mercado, a un prezo de só 99 euros en prepagamento e de balde para clientes de contrato.
O Sony Ericsson Xperia mini pro ten unha pantalla TFT táctil de 3 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles (resistente ás rabuñaduras), teclado QWERTY deslizante, cámara de 5 Mpíxeles con flash LED, radio FM, Wi-Fi, Bluetooth, unhas medidas de 92 x 53 x 18 milímetros e un peso de 136 gramos que, aínda que inicialmente funcione con Android 2.3, contará en breve cunha actualización a Android 4.0, de xeito que manterase ao día pese a ser un terminal de hai preto dun ano.

PUBLICIDADE