Tuenti evitará o acceso á súa web a menores de 14 anos
venres, 3 de abril do 2009
A Axencia de Protección
de Datos (AEPD) esixiu a Tuenti que cumprise coa lexislación vixente, que
prohibe a captación de datos persoais de menores de 14 anos sen consentimento
paterno, ante o que dende Tuenti responderon anunciando que en 3
meses presentarán un plan para evitar que os cativos poidan acceder ao seu
servizo con só mentir na súa idade.
Tamén comprometéronse a que eliminarán os datos e fotografías dos usuarios que
se dean de baixa.