TuneLink Auto converte o audio por Bluetooth en radio FM

mércores, 22 de decembro do 2010 Marcus Fernández

New Potato Technologies ten no seu catálogo de produtos o TuneLink Auto, un dispositivo sen fíos universal que converte a música reproducida a través de Bluetooth a radio FM (ao a un conector de 3,5 milímetros) pensando na súa recepción a través do equipo de sen dun automóbil (que non conte con Bluetooth) e que xa está adaptado ao iPhone, iPod Touch e iPad, e que en xaneiro fará o propio cos móbiles con Android.
Este práctico dispositivo véndese a 99,99 dólares (76,29 euros), incorpora un porto USB pensando na carga de dispositivos (ata a 2,1 A), e grazas ás aplicacións para iOS e Android facilítase o seu uso e inclúense funcións como a suxestión de frecuencias de FM nas que emitir segundo a posición que esteamos segundo indique o GPS do noso terminal móbil.

PUBLICIDADE