Turismo optimiza as súas ferramentas para loitar contra a fraude na Internet
mércores, 4 de xuño do 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, compareceu esta mañá ante a Comisión 6ª do Parlamento galego para dar conta dos detalles do Plan de Inspección TurÃstica que a Xunta vén desenvolvendo cada ano desde 2008. A edición correspondente a este ano foi aprobada no Consello do Turismo de Galicia o pasado 8 de abril.
Merelles sinalou que, debido ao incremento das vivendas de uso turÃstico e á aparición de plataformas dixitais nas que se anuncian, o labor inspector se intensificou nos últimos anos, mellorando os recursos para combater a fraude en liña, asegurando que «isto permÃtenos dispoñer de datos reais, contrastados e cun diagnóstico claro da situación deste tipo de aloxamentos».
Ao referirse á actividade desenvolvida en 2024, Merelles destacou que se realizaron un total de 4.134 actuacións (un 15 % máis que no ano anterior), das que 3.903 están xa pechadas, o que representa o 94 % do total e evidencia unha alta efectividade do servizo.