Twitch estrea aplicación para Nintendo Switch

venres, 12 de novembro do 2021 Marcus Fernández

Nos últimos anos Twitch consolidouse como a plataforma de referencia para a retransmisión de partidas de videoxogos en directo, e para facilitar o consumo deste tipo de contidos audiovisual chega a unha nova pantalla: a da Nintendo Switch.
A consola de Nintendo recibe a aplicación oficial de Twitch, de xeito podemos instalala para ver vídeos sobre videoxogos e outros temas de actualidade, destacando especialmente as retransmisións en directo, que na pantalla da Nintendo Switch veranse máis grande que nun smartphone e sen as ataduras da pantalla dun ordenador.
Por desgraza, a potencia da Switch fai que esta aplicación estea limitada a ser un cliente de Switch, e non pode facilitar a posibilidade de retransmitir as partidas da consola a través deste popular servizo (aínda que si hai streamers que emiten partidas de Switch valéndose de tarxetas capturadoras no seu ordenador persoal).

JPEG - 101.6 KB
Os xogos de Switch tamén teñen o seu recanto en Twitch

PUBLICIDADE