Twitch limitará as horas de vÃdeos Destacados e Subidos
xoves, 20 de febreiro do 2025
As plataformas de vÃdeo que permiten retransmisións en directo están a dicir adeus á barra libre de almacenamento, e ao igual que Facebook anunciou que os seus directos en vÃdeo só se almacenarán durante 30 dÃas a partir de agora, Twitch está a anunciar unha limitación do almacenamento de vÃdeo nas sección de Subidas e Destacados (lembremos que os vÃdeos en directo xa se conservaban só entre 7 e 60 dÃas).
Coas normas que entrarán en vigor o vindeiro 19 de abril o almacenamento para vÃdeos subidos en Twitch limitarase a 100 horas, sen importar cando se creasen os vÃdeos, aÃnda que salientando que a limitación non se aplica a Emisións Anteriores nin a Clips.
Coidan que este cambio apenas terá un impacto nos usuarios, xa que menos dun 0,5% dos streamers activos superaron o lÃmite de 100 horas, e as canles que xa superaran tal barreira recibirán unha notificación o 19 de febreiro, para darlles tempo de tomar medidas, pois de superar o lÃmite despois do 19 de abril correrán o risco de ver os seus vÃdeos borrados automaticamente (comezando polos que teñan menos reproducións).
Dende Twitch aseguran ter adoptado esta medida tras comprobar que os Destacados non están a resultar efectivos para atraer a novos espectadores, especialmente se o comparamos cos Clips, pero esta pouca efectividade non impediu que algúns usuarios subisen milleiros de horas nestes formatos, polo que quixeron por cancelas a unha práctica que consideran que non beneficia a ninguén, mentres que o almacenamento dos contidos sempre ten un custo para a compañÃa.