Twitter abandona varias das súas aplicacións orientadas ao televisor

martes, 22 de maio do 2018 Marcus Fernández

Twitter para Xbox permite o acceso a vídeos, pero non é un cliente de Twitter completo, para frustración dos seus usuarios (de aí que non sorprenda o seu abandono)

Hai uns anos Twitter quixo orientar a súa aplicación aos televisores, lanzando versións para numerosas plataformas nas que buscaban converterse nun espazo para o consumo de vídeo, e que parece que non tiveron a acollida que esperaban, porque o vindeiro xoves confirmaron que deixarían de estar dispoñibles as versións de Twitter para Roku, Android TV e Xbox. Dende Twitter instan aos usuarios a visitar twitter.com no seu dispositivo ou no escritorio para unha experiencia de Twitter completa, algo que non podía facerse nas aplicacións chamadas a desaparecer.
A erradicación destas aplicacións non é ningunha sorpresa, xa que tiñan un nivel de uso moi reducido e tampouco contaban con grande atención por parte de Twitter, que claramente entende que o seu forte está no móbil e non no salón doméstico (onde xa está presente nos smartphones como segunda pantalla).

PUBLICIDADE