Twitter avanza na xeolocalización con Twitter Places
martes, 15 de xuño do 2010
Nos últimos meses a xeolocalización vénse a integrar con Twitter de
distintos xeitos (ou sexa, tanto dende a aplicación oficial da compañÃa coma de
ferramentas de terceiros) o que avanza agora coa incorporación dos Twitter
Places, de xeito que poderán etiquetarse os tuiteos con lugares especÃficos de xeito que, por exemplo, unha
persoa pode indicar que está nun estadio de fútbol ou nun centro de convencións
ao facer unha anotación, facilitándose a consulta de comentarios doutros
usuarios de Twitter no mesmo punto, o que xa facÃan servizos coma Foursquare ou
Gowalla, cos que Twitter integrarase (de xeito que tamén poderán verse os check-ins feitos a través desas
plataformas).
Coma vén a ser habitual, esta nova prestación incorpórase tamén á API do
servizo, de xeito que as distintas aplicacións ao redor de Twitter tamén
permitirán o uso de Twitter Places.
O servizo de xeolocalización tamén incrementa o soporte de navegadores web, de
xeito que agora é posible utilizar tal prestación dende Safari, Internet
Explorer, Google Chrome e Firefox.
Twitter Places irase espallando internacionalmente durante os vindeiros dÃas,
de xeito que inicialmente aparecerá na versión móbil web do servizo e tamén
irase incorporando ás aplicacións móbiles para iPhone, Android e BlackBerry.