Twitter deixa de contabilizar aos usuarios bloqueados

xoves, 12 de xullo do 2018 Marcus Fernández

JPEG - 63.9 KB
Jack Dorsey dá conta da nova medida de Twitter

Dende Twitter están a avisar en cambios á hora de amosar o número de seareiros que ten cada conta de usuario, para que tal dato sexa máis fiable, ou sexa, que para que este número visible teña máis sentido e precisión agora deixará de contar a conta de usuario que foron bloqueando por distintos motivos, ou sexa, que non corresponden a usuario realmente activos.
Aínda que na meirande parte dos casos o volume de seareiros rexistrado será insignificante, hai casos nos que o número de seareiros que deixan de figurar é importante, como nos casos de Trump e Obama, que perderían 100.000 e 400.000 seareiros respectivamente, o que non é unha cantidade moi importante se temos en conta que teñen 53 e 104 millóns de seareiros cada un, pero é un cambio o suficientemente importante como para que haxa que explicalo (xa que en caso contrario os usuarios con moitos seareiros poderían pensar que a caída de seguidores podería ser real, o que sería un motivo de preocupación).
As contas de usuario que estarían a purgar na contabilización do número de seareiros de cada conta non serían as típicas de bots que Twitter elimina con frecuencia, senón que serían contas que na súa meirande parte creáronse de xeito normal, pero que máis adiante mudan drasticamente de comportamento, comezando a publicar contidos que poderían supor spam e outras malas prácticas, o que indicaría que son contas comprometidas, polo que Twitter bloquea o seu funcionamento até que o seu responsable mude de contrasinal, tras o que confirmarán que a conta opera con normalidade.

PUBLICIDADE