Twitter eliminará os selos de verificación das contas que non paguen a semana que vén
martes, 11 de abril do 2023
AÃnda
que Elon Musk anunciara que o 1 de abril iniciarÃa a retirada de selos de
verificación a contas que non pagasen por Twitter Blue, chegada
a data non fixeron tal, creando unha grande confusión, xa que eliminaron a
diferenciación entre as anteriores contas verificadas e as novas, e aÃnda que
parecÃa que a Musk terÃase botado atrás nas súas pretensións para potenciar a
subscricións de pagamento, finalmente anunciou unha
nova data para o borrado dos selos de verificación para quen non pague: o 20 de
abril. Queda agora agardar para ver se finalmente Twitter executará un
cambio que poderÃa facer que os checks azuis perdesen todo o sentido, xa
que non axudarÃa a identificar a figuras relevantes (que na súa meirande parte
anunciaron que non pagarÃan por Twitter Blue).
Outro detalle bastante curioso que se desvelou nas últimas horas é que a
compañÃa Twitter Inc. Xa non existe, senón que agora responderÃa ao nome de
X Corp, de xeito que o nome da plataforma social e da empresa non coincidirÃan
como pasa con compañÃas como Meta (que ten plataformas como Facebook e
Instagram).
Tamén está a comentarse que Musk está a reforzar a aposta pola intelixencia
artificial dentro de Twitter, e como mostra diso aseguran que veñen
de mercar unhas 10.000 gráficas para correr procesos de intelixencia artificial
para un proxecto sobre modelos de linguaxe (como ChatGPT) do que aÃnda non se
coñecen detalles oficialmente.
- Documentación que recolle a fusión entre Twitter Inc. e X Corp