Twitter engade reaccións ás súas mensaxes directas

xoves, 23 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

As reaccións en Facebook son un elemento que buscaba corrixir unha situación que se daba na plataforma social de Mark Zuckerberg, na que a única opción de interacción sen comentar era premer no botón de gústame, cando o contido en cuestión podería ser lutuoso ou ofensivo, o que podería crear equívocos, e semella que dende Twitter entenderon que a idea era boa, e nas mensaxes directas permiten agora premer nunha icona dun corazón xunto a un signo de máis para despregar unha serie de emoticonas para que elixamos a que mellor reflicte a nosa reacción.
As reaccións xeran unha notificación para os participantes das conversas, polo que habería que utilizalas con mesura, sendo tamén posible o seu borrado. No caso de que teñamos unha versión vella da aplicación de Twitter para iOS ou Android, a rección amosarase como mensaxe de texto.

PUBLICIDADE