Twitter fai de pagamento unha versión empobrecida de TweetDeck
martes, 4 de xullo do 2023
As limitacións
impostas en Twitter a pasada fin de semana comezan a ter consecuencias moi serias
para a plataforma, como a perda de confianza por parte de usuarios e
anunciantes, que perciben que o servizo vai camiño da desaparición, o que
poderÃa ser case literal dende a perspectiva dos buscadores de Internet, pois
xa están a detectar que Google
está a eliminar dos seus resultados de busca a Twitter ante o feito de que
o servizo non permite o acceso aos contidos a usuarios non identificados, ou
sexa, que o buscador non pode ler os contidos de Twitter e, en consecuencia,
non os amosa como resultado no buscador.
Pero non só está a derrubarse a visibilidade de Twitter, senón que tamén hai
outras consecuencias das limitacións de Twitter, como é o feito de que deixou
de funcionar TweetDeck. Por desgraza, ante este problema Twitter non
decidiu arranxar TweetDeck, senón que directamente matou este servizo moi
empregado por usuarios profesionais e insta aos
usuarios a acceder á súa versión preliminar, que leva en probas dende o ano
pasado, e que conta cun amplo rexeitamento ante as súas moitas carencias, pois
aÃnda que si conta co tradicional sistema de columnas para organizar os fluxos
de chÃos, non permite amosar á vez información de varias contas de usuario,
polo que perde a súa utilidade para a meirande parte de usuarios.
O novo TweetDeck segue sen ter activas as funcións de equipos (outra das súas
prestacións básicas), que aseguran que activarán nas vindeiras semanas
e, para rematar a faena, anuncian que dentro de 30 dÃas só poderán acceder a
TweetDeck os usuarios subscritos a Twitter Blue.
Temos asà como TweetDeck non só perde as súas principais funcionalidades, senón
que tamén pasa a ser de pagamento. E tamén cómpre salientar que mentres exista
unha cota de chÃos ao dÃa a ferramenta é totalmente inútil, xa que esgotarÃa o
lÃmite diario a moi pouco tempo, xa que o seu funcionamento baséase na
monitorización, polo que os contidos están a refrescarse constantemente sen
intervención do usuario.