Twitter muda a tipografÃa dos seus nomes de usuario
venres, 27 de xaneiro do 2023
- A nova tipografÃa fai máis claro o ele e o cero, para non confundilos co I e o O.
Nas últimas horas
Twitter recibiu unha modificación tan sutil como importante, xa que mudou a
implementación do seu tipo de letra, TwitterChirp, para empregar o estilo
das tipografÃas OpenType, o que facilita que letras como o l minúsculo e
o i maiúsculo ou o número 0 e a letra o maiúscula poidan
diferenciarse claramente.
O que resulta curioso é que, en vez de aplicar esta nova tipografÃa en todos os
contidos de Twitter, polo momento limita a aplicación aos nomes de usuario cando
consultamos o seu perfil, polo que parece bastante claro que a intención non é
que o texto resulte máis doado de ler, senón que simplemente queren evitar as
confusións que pode haber con nomes de usuario que poidan facilitar a
suplantación de identidade, e que asà unha conta como @e10nmusk non poida
confundirse coa do propio Elon Musk.
Polo momento o cambio pode verse na versión web de Twitter, pero é de esperar
que tamén se aplique nas aplicacións móbiles da plataforma na súa vindeira
actualización.