Twitter permite borrar os nosos propios seareiros como alternativa ao bloqueo

luns, 11 de outubro do 2021 Marcus Fernández

A xestión dos comportamentos abusivos en plataformas sociais como Twitter é todo un reto, e cada vez ofrecen máis ferramentas que facilitan a adopción de medidas máis equilibradas e atinadas, de xeito que nas últimas horas activouse para os usuarios da versión web de Twitter de todo o mundo unha interesante alternativa ao bloqueo de usuarios: a súa eliminación da nosa relación de seareiros.
Deste xeito, cando un usuario resulte especialmente molesto, podemos optar por eliminalo da nosa listaxe de seguidores, de xeito que non verá as nosas publicacións de xeito ordinario (só se accede ás mesmas directamente) e non se sentirá ofendido por un bloqueo, o que mitigará as reaccións furiosas tan frecuentes nesta plataforma sociail. Amais, tamén poderemos empregar esta opción para limpar a nosa listaxe de seareiros de perfís cos que poidamos sentirnos molestos por distintos motivos.

PUBLICIDADE