Twitter permitirá recibir notificacións de respostas a chÃos alleos
luns, 12 de agosto do 2019
A aplicación móbil de Twitter está a estrear unha nova
funcionalidade que permite aos usuarios
marcar un chÃo alleo para recibir avisos cando haxa respostas ao mesmo,
facilitando asà non perder unha conversa sobre un tema de interese.
Dado o distinto nivel de actividade que poden ter os chÃos, cando marquemos
unha mensaxe poderemos elixir se recibimos notificacións de todas as respostas,
de ningunha ou só as máis importantes (como serÃan as do autor ou as das persoas
ás que seguimos).
Con esta funcionalidade en probas enténdese que Twitter quere potenciar as
conversas, para converterse nunha plataforma social máis ampla, á vez que tamén
camiña na dirección contraria, xa que en Canadá está a probar a posibilidade de
que os usuarios poidan ocultar as respostas dos seus chÃos, para evitar verse asolagados
por certas conversas, polo que será interesante ver como combinan ambas liñas
de actuación por parte de Twitter.