Twitter tiktokizará o seu reprodutor de vídeo
venres, 30 de setembro do 2022
A tiktokización
das aplicacións móbiles que contan con contidos de vídeo non parece limitarse a
Instagram, e agora é Twitter a plataforma que anuncia
que está a preparar novidades relativas aos vídeos, destacando
especialmente un novo visor multimedia a pantalla completa que activarase con
só realizar un clic sobre un contido de vídeo. Este reprodutor de vídeos a
pantalla completa tamén facilitará a localización de contidos semellantes,
accesibles desprazando o vídeo cara arriba e favorecendo deste xeito o consumo continuo
de vídeo dentro de Twitter. Esta función chegará inicialmente a iOS para
usuarios que teñan a aplicación configurada en inglés.
A outra novidade consistiría na incorporación dun módulo de vídeo que consistiría
nun carrusel con vídeos suxeridos que veríamos cando estamos a explorar novos
contidos, e que recollería vídeos populares dentro dos nosos intereses.