UE Boom 2: o altofalante Bluetooth que podemos levar a todas partes
mércores, 16 de setembro do 2015- O altofalante incorpora resistencia á augua (até metro e medio de profundidade) nesta revisión
Tras o éxito do altofalante sen fÃos UE Boom, dende Ultimate
Ears (marca de Logitech especializada en produtos de son) decidiron seguir o
rumbo do UE
Roll e incorporar resistencia á auga (IPX7) e ás caÃdas (até metro e medio
de altura) ao seu novo UE Boom
2, que co tamaño dun botellÃn de auga (formato que, por exemplo, facilita o
seu transporte no porta-botellas dunha bicicleta) busca servir para levar a
música connosco.
O UE Boom 2 é un altofalante Bluetooth que pode funcionar até a 30 metros de
distancia da súa fonte de son, e que cunha autonomÃa de até 15 horas resulta
ideal para levar durante actividades ao aire libre sen medo a que se estrague
dada a súa resistencia.
- Unha aplicación móbil enriquece as funcionalidades do altofalante
Este trebello tamén pode controlarse coa súa correspondente aplicación para iOS e Android, o que permite que, por exemplo, poidamos espertar pola mañá coa nosa música favorita, e incluso conta con funcións como emparellarse con outros altofalantes do mesmo fabricante, o que facilita montar toda unha festa sonora sincronizando a música que se escoita nos distintos altofalantes que subministran un son en 360 graos. O UE Boom 2 ten unha altura de 180 milÃmetros, un diámetro de 67 milÃmetros e un peso de 548 gramos, pode empregarse tamén como mans libres do teléfono, a súa baterÃa interna cárgase mediante micro USB (proceso que leva unhas 2 horas) e o seu prezo de venda é de 199 euros (podendo mercarse nunha completa gama de cores).
- O UE Boom 2 está dispoñible en varias cores rechamantes
VÃdeo promocional do UE Boom 2