UGREEN quere entrar no mercado dos NAS
martes, 26 de marzo do 2024
A marca UGREEN conseguiu certa popularidade nos últimos anos comercializando cables USB, cargadores, concentradores, soportes de carga e outros accesorios para dispositivos móbiles, pero teñen a intención de ampliar as súas liñas de negocio e entrar nun dos segmentos que máis interese está a captar nos últimos anos: os NAS.
Os NAS son solucións de almacenamento en rede, que tanto poden servir para compartir unidades de disco entre varios equipos nunha oficina, para facer copias de seguridade ou para operar como unha nube persoal que non dependa dos servizos de grandes empresas tecnolóxicas, estando este mercado dominado principalmente por dúas grandes marcas (Synology e QNAP) coas que cada vez temos competidores máis interesantes (TerraMaster, Asustor...), de aà que UGREEN detectase unha oportunidade de negocio e, para estrearse neste ámbito, optou por iniciar unha campaña de micromecenado en Kickstarter a través da que poden adquirirse os seus primeiros produtos da liña UGREEN NASync, conseguindo superar os 1,5 millóns de dólares en pedidos en só 2 horas.
O éxito inicial destes produtos responde claramente ao seu prezo agresivo, aÃnda que cómpre advertir de que estamos ante produtos cun bo hardware, pero que aÃnda teñen o seu software sen rematar (aÃnda non soportan contedores Docker, polo que as súas posibilidades aÃnda son limitadas). ConfÃase en que os produtos cheguen aos compradores no mes de xuño, aÃnda que cunha limitación moi importante: polo momento só aceptan envÃos a EE.UU. e Alemaña (por considerar que aÃnda non están listos para atender a un público global, xa que os produtos aÃnda están verdes).
O produto máis económico que presentan é o DXP2800, un NAS cun procesador Intel N100 e 8 GB de RAM (ampliable até 16 GB) que pode equiparse con até 2 unidades de disco SATA e 2 unidades M.2, de xeito que cubrirÃa as demandas de case calquera profesional ou pequena empresa. A promoción de lanzamento coloca o seu prezo en 239 dólares, polo que practicamente non terÃa competencia no mercado.
A maiores haberÃa outros NAS que incrementarÃan o número de unidades de disco instalables (até 8, o que permitirÃa un almacenamento total de até 184 TB), o seu procesador (cun Intel Pentium Gold ou un Intel Core i5) e a capacidade máxima de memoria RAM (64 GB), até un prezo máximo de 899 dólares, o que explica a boa acollida desta campaña de micromecenado.
O NAS que si merece unha atención especial é o DXP480T Plus, que está equipado cun procesador Intel Core i5, Wi-Fi, 10 Gigabit Ethernet e capacidade para 4 unidades M.2, ou sexa, que serÃa unha opción compacta e rápida, que resultarÃa ideal para profesionais creativos e do audiovisual, coa vantaxe de pode transportarse de xeito doado.
Haberá que ver se o sistema operativo destes dispositivos (UGOS Pro) consegue poñerse á altura de aquà ao verán, e asà podemos ver a consolidación de UGREEN como un fabricante de dispositivos NAS cun prezo contido e boas prestacións, o que beneficiará especialmente a profesionais e pequenas empresas.