UPLAY+ pode probarse de balde durante 7 días

xoves, 9 de xullo do 2020 Marcus Fernández

O servizo de subscrición de videoxogos para PC de Ubisoft, UPLAY+, ofrece até o 27 de xullo a posibilidade de gozar dun período de proba de balde de 7 días, o que permite gozar dun catálogo de máis de 100 xogos para PC que combina clásicos con novos lanzamentos, destacando o feito de que estes últimos chegan dende o día do lanzamento e nas súas edicións completas (coas expansións e pases de tempada que corresponda).
O servizo de UPPLAY+ ten normalmente un prezo de 14,99 euros/mes, e permite gozar de títulos como Ghost Recon: Breakpoint, Watchdogs Legion, Far Cry: New Dawn, The Division 2, Assassin’s Creed Odyssey, Far Cry 5, The Crew 2, For Honor, Trials Rising, Steep e moitos outros, e con esta promoción buscan que o público coñeza o que ten que ofrecer, xa que aínda non goza da popularidade de servizos semellantes como Xbox Game Pass ou EA Access.

PUBLICIDADE