UTM SE permite correr vellas aplicacións de PC en dispositivos móbiles de Apple
luns, 15 de xullo do 2024
Coa flexibilización das condicións da App Store chegaron ao iPhone e ao iPad distintos emuladores de vellas consolas de videoxogos, e aÃnda que inicialmente Apple rexeitaba aceptar emuladores de equipos informáticos, finalmente aceptaron as solicitudes de UTM, e fÃxose realidade a aplicación UTM SE: Retro PC emulator, un emulador de PC moi básico, para poder correr vellas aplicacións e xogos de ordenador no iPhone, no iPad e incluso en Vision Pro.
Este interesante emulador é capaz de correr sistemas operativos en modo texto, aplicacións en modo VGA, emula arquitecturas x86, PPC e RISC-V, e corre máquinas virtuais preconfiguradas que poden personalizarse para as nosas necesidades.
Dado que Apple non permite que este tipo de aplicacións fagan uso dun compilador JIT, o rendemento é moi deficiente, de aà que o UTM SE só poida empregarse para correr aplicacións moi básicas, xa que o rendemento de sistemas operativos posteriores a Windows XP serÃa moi deficiente.
Cómpre salientar que as limitacións só existen nos sistemas operativos móbiles, pois para macOS si existe unha versión de UTM que facilita correr en equipos de Apple sistemas operativos como Linux, Unix e mesmo Windows 11, destacando fronte a outras solucións de virtualización por ser totalmente de balde.
- O novo emulador de ordenadores clásicos é compatible con Vision Pro