Ubisoft+ ofrecerá xogos de Activision Blizzard en streaming

martes, 22 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Ubisoft anunciou hoxe o peche dun acordo para facerse cos dereitos de explotación de títulos de Activision Blizzard como Call of Duty como xogos na nube, que ofreceríanse a través do servizo Ubisoft+ a partir do momento no que se complete a compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft.
Deste xeito, cunha subscrición a Ubisoft+ Multi Access (que actualmente custa 17,99 euros/mes) os usuarios poderían gozar dos seus xogos favoritos de Ubisoft e Activision Blizzard a través de varias plataformas como PC, consolas Xbox e Amazon Luna, e incluso en consolas PlayStation a través de Ubisoft+ Classics.
O acordo acadado entre Ubisoft e Activision Blizzard incluiría tanto xogos clásicos como novos lanzamentos, todos en streaming.
Resulta evidente que este anuncio busca aplacar aos reguladores británicos, para que vexan a disposición de Microsoft a abrirse a outras compañías no ámbito do xogo na nube, confiando a que con este tipo de concesións permitan a compra de Activision Blizzard.

PUBLICIDADE