Para celebrar o seu 30º aniversario Ubisoft decidiu lanzar unha interesante promoción que a través do Ubisoft Club achegará de balde 7 videoxogos en formato dixital para PC que poderán incluírse na colección persoal en Uplay dos usuarios a razón de un ao mes, de xeito que haberá que estar pendente desta campaña para poder facerse con emblemáticos títulos a redescubrir.
O primeiro xogo que está dentro da campaña Ubi 30 será o clásico moderno Prince of Persia: The Sands of Time, que vén a ser o reboot da saga orixinal que saíu no seu día para PC, PlayStation 2, Xbox e Gamecube, iniciando unha triloxía moi aclamada, e que estará dispoñible de balde durante o mes de xuño, que é cando comeza esta promoción que irá desvelando novos xogos ata rematar o ano, sendo a renovación do título en promoción a mediados de cada mes.
Ubisoft regala Prince of Persia: The Sands of Time para celebrar o seu 30º aniversario
Compartir Este Artigo
