Ultiman o lanzamento do BlackBerry Classic
venres, 14 de novembro do 2014
BlackBerry anunciou
onte que comezaba a aceptar reservas en Norte América para o seu novo
terminal BlackBerry Classic, smartphone
que xa se deu a coñecer o pasado mes de xuño xunto co BlackBerry Passport, e
que non chegará ao mercado até mediados do mes que vén, intentando recuperar o
espÃrito dos vellos dispositivos da compañÃa, pero gozando dunha maior
potencial e dunha xenerosa pantalla cadrada. Dende BlackBerry destacan a
comodidade e precisión do seu teclado fÃsico, a súa pantalla táctil de grande
tamaño, a súa velocidade navegando pola web, a súa grande autonomÃa e a
posibilidade de executar tanto aplicacións para BlackBerry como aplicacións de
Android, procurando asà superar a fenda que afastou a moitos usuarios de BlackBerry
nos últimos anos.
En poucas semanas saberase máis deste teléfono que espérase que teña como
prestacións as que seguen: pantalla cadrada de 3,46 polgadas cunha resolución
de 720 x 720 pÃxeles (considerablemente máis pequena que a pantalla de 4,5 polgadas
do BlackBerry Passport), procesador Qualcomm de dobre núcleo a 1,5 GHz, 2 Gb de
RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8 e 2 MpÃxeles, Wi-Fi N,
Bluetooth 4.0, e conectividade LTE. PoderÃa verse asà como un terminal de gama
media que resultase atractivo para un público máis amplo que o Passport, por
unhas dimensións máis discretas e, posiblemente, un prezo moderado, xa que as
prestacións deste novo smartphone son considerablemente inferiores.