Ultimate Ears, filial de Logitech especializada en auriculares e altofalantes sen fíos, continúa na súa liña de produtos de grande portabilidade, deseño colorido e grande potencia sonora co novo altofalante Bluetooth WÖNDERBOOM, que pese ao seu tamaño compacto ofrece unha grande saída de son, facilitando que podamos ir coa nosa música a todas partes.
O UE WONDERBOOM ten forma cilíndrica, 102 milímetros de alto e 93,5 milímetros de diámetro, e un peso de 425 gramos, características que non lle impiden emitir son de 360 graos ata a 86 dBC, o que sumado ao feito de que conta con protección ao po e á auga (IP67) e unha batería que achega unha autonomía de ata 10 horas de uso, converte a este accesorio Bluetooth que pode emparellarse con ata 8 fontes distintas (coa posibilidade de empregar dous altofalantes á vez da mesma fonte) nunha solución ideal para gozar da música en mobilidade cun bo nivel de volume e grande calidade.
Este altofalante sen fíos tamén conta con botóns na súa parte superior para reproducir, pór en paus e omitir cancións e unha correa para facilitar o seu transporte e está xa dispoñible por 99,99 euros (converténdose na opción máis económica de Ultimate Ears) en 6 cores distintas: Cashmere (rosa), Fireball (vermello), Subzero (azul), Stone (gris), Lilac (lila) e Phantom (negro).
Vídeo promocional do novo altofalante UE WONDERBOOM

