Últimos dÃas para solicitar o Bono Cultura Xove
martes, 26 de setembro do 2023
Na
mañá deste martes 26 de setembro a subdelegada do Goberno en Lugo,
Isabel RodrÃguez, lembraba á mocidade lucense nada no 2005, que o
sábado
dÃa 30 de setembro é o último dÃa para solicitar o Bono
Cultura Xove, unha axuda
de 400 euros que volve ofrecer o Ministerio de Cultura e
Deporte para os mozos e mozas de 18 anos, cun investimento total de
9.259.600 euros para financiar este plan.
Asemade,
tamén subliñou que esa mesma data (30 de setembro), será o último
dÃa no que os participantes do bono cultural teñan dispoñÃbel a
cantidade para gastar.
Isabel
RodrÃguez, acompañada do concelleiro de Mocidade e Deportes, Jorge
Bustos, e as xerentes da librarÃa lucense Trama, Rosa Suárez e
Begoña Cuba, reunÃronse para analizar e valorar o acollemento desta
iniciativa na súa última semana para os beneficiarios do 2022 e que
agora comeza para os do 2023.
AsÃ,
desde o 2022, preto do 50% da mocidade da provincia solicitou a
axuda, realizando máis de 4.100 operacións por valor de 163.507
euros. Este mes, os primeiros 5.000 mozos e mozas de toda España xa
comezaron a recibir as tarxetas, tanto virtuais como fÃsicas, que
lles permitirán facer uso da axuda deste 2023.
Engadir
que en Lugo, hai máis de 20 establecementos adheridos e as entidades
que queiran adherirse aÃnda están a tempo, o 30 de setembro
finaliza tamén para eles o prazo para inscribirse e pódeno facer na
ligazón especÃfica habilitada.
As
persoas interesadas precisan identificarse dixitalmente a través de
Cl@ve ou co Certificado dixital. Poden realizar o trámite
persoalmente ou a través da representación dun adulto, para o que é
preciso achegar o formulario de representación descargábel na
páxina web, correctamente asinado polo beneficiario e representante.
Unha vez concedida a axuda, o importe total abónase nun único pago,
en formato de tarxeta prepago virtual nominal que está vixente
durante os doce meses vindeiros á concesión. A tarxeta é persoal e
intransferÃbel.
O
bono divÃdese en tres apartados:
-
200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes
audiovisuais.
-
100 euros para produtos culturais en soporte fÃsico (libros,
revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos,
partituras, discos, CD, DVD ou Blu-ray).
-
100 euros para consumo dixital ou en liña no que entran subscricións
e alugueiros a plataformas virtuais.