Umbrella Corps contará cun completo modo Multi-Mission

martes, 1 de marzo do 2016 Marcus Fernández

No mes de maio sairá á venda o xogo Umbrella Corps como título descargable para PS4 e PC, que venderase a 29,99 euros a partires do mes de maio, e que busca ser un título de acción ambientado no universo de Resident Evil, procurando así manter viva a franquía sen continuar a saga principal (que tivo mala aceptación na súa última entrega). O xogo vai estrear versión de demostración a vindeira fin de semana no evento PC Gamer Weekender en Londres, e de cara a este evento, dende Capcom dan novos detalles sobre modos de xogo cos que contará Umbrella Corps, do que xa detallaran o modo One Life Match e agora falan do modo Multi-Mission, que soportará até 6 xogadores pro partida, onde gañará o primeiro equipo en gañar 3 de 5 rondas. Como acontece co modo One Life Match, a acción será rápida e intensa, cun límite de tempo de 3 minutos por quenda.
O modo Multi-Mission busca ser moi variado, de xeito que cada unha das quendas de xogo contará cunha mecánica de xogo que se decidirá ao chou entre 8 mecánicas distintas, para que os xogadores teñan que adaptar as súas táctica a cada situación. As mecánicas serían Target Hunter, Respawn Match, Domination, DNA Hunter, SP DNA Hunter, Collector, Protector e Collar War, e veñen a responder aos modos multi-xogador propios dos shooters actuais en función dos obxectivos de cada misión.

Vídeo no que presentan o modo Multi-Mission

PUBLICIDADE