Un accesorio converte o GALAXY Note 4 nuns lentes de realidade virtual
luns, 8 de setembro do 2014
Avanzando no desenvolvemento da tecnoloxÃa de realidade
virtual, Oculus VR comezou a distribuÃr durante o verán o seu segundo kit de desenvolvemento, que
supón un importante salto adiante en resolución e velocidade de refresco,
conseguindo que estes lentes de realidade virtual resulten moito menos
incómodos para o usuario final, e este produto que pode mercarse por 350 dólares contará
cunha curiosa variante, o Samsung
Gear VR, que un accesorio que converte un smartphone Samsung GALAXY
Note 4 na pantalla para este sistema de realidade virtual, do que por fin
sabemos o prezo: 199 dólares (154,18 euros).
- John Carmack probando o Samsung Gear VR
Un dos detalles máis curiosos do Gear VR é que está baseado nunha pantalla de
5,7 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles, de xeito que terÃa unha
maior resolución que o kit de desenvolvemento oficial (que limita a súa
resolución ao Full HD) operando co software de Oculus. Pero tamén cómpre
destacar que estamos ante un produto que non está dirixido ao público final,
senón a desenvolvedores e creadores de contidos, que queren experimentar con
esta tecnoloxÃa antes da súa popularización, que poderÃa chegar en 2015, cando
se prevé que cheguen ao mercado os lentes Oculus Rift na súa versión de consumo
a un prezo que estará entre os 200 e os 400 dólares, buscando ser o máis
reducido posible para poder abrir a porta a un xeito de gozar de contidos que
vaia moito máis aló do mundo dos videoxogos.
Este novo accesorio para colocar o Note 4 conta con acelerómetro, xiroscopio,
magnetómetro e sensor de proximidade, conéctase ao smartphone por USB 1.1,
panel táctil, botón de volume, tecla de atrás
e unhas medidas de 198 x 116 x 90 milÃmetros. Inclúe unha tarxeta microSD de 16
Gb con numerosos contidos 3D e de 360 graos precargados. Tamén é capaz de
previsualizar imaxe da cámara a 60 cadros por segundo, e pode operar cunha
latencia inferior aos 20 milisegundos, co que agardan que a experiencia de uso
sexa realista e confortable.
- O Samsung Gear VR permite gozar da realidade virtual sen ter que mercar un kit completo de desenvolvemento de Oculus Rift