Un accesorio converte o Pokémon GO Plus nun anel

venres, 14 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Durante o pasado verán Pokémon GO foi un fenómeno de masas a nivel mundial, o que provocou que un accesorio deseñado para facilitar a captura de criaturas Pokémon e a recollida de obxectos das Poképaradas, o Pokémon GO Plus, tivese que adiar o seu lanzamento para poder atender á elevada demanda. Pero que a pulseira para Pokémon GO non chegase aos xogadores até a segunda metade de setembro non foi precisamente positivo, e en moitos países xa era tarde, e a moda do verán xa estaba a perder pulo.
Para os que pagaran 39,99 euros por unha pulseira para o xogo móbil de moda chega ao Xapón un accesorio que custa 400 iens (uns 3 euros) que permite transformar o Pokémon GO Plus nun anel, facilitando así o levar o complemento para o xogo móbil que permita realizar capturas durante os nosos paseos sen ter que sacar o smartphone do peto. Polo momento descoñécese se este accesorio terá distribución en Europa.

O accesorio converte o accesorio Bluetooth para Pokémon GO de pulseira a anel

PUBLICIDADE