Un accesorio dota ao iPhone de carga sen fÃos
mércores, 5 de marzo do 2014
Tras trunfar
sobradamente nunha campaña de micromecenado en Indiegogo Fonesalesman
conseguiu que o seu iQi
Mobile Receiver pasase a ser un produto comercial á venda por 25,47 euros e
que vén a ser un accesorio cun tamaño semellante ao dunha tarxeta de crédito
cun grosor de entre 0,5 e 1,4 milÃmetros que pode conectarse por un extremo a
un conector Lightning dun iPhone 5/5C/5S ou un iPod Touch de quinta xeración
para achegar a través do mesmo carga mediante indución, ou sexa, que de xeito
case transparente permite aos móbiles de Apple superar unha das súas principais
eivas: a falta de carga sen fÃos.
Os usuarios de iPhone que empreguen unha funda (de silicona ou xel) no seu
móbil apenas percibirán o uso do iQi Mobile Receiver (que é compatible coas
fundas oficiais de Apple, incluÃndo as que teñen aparencia de coiro), que
permanece de xeito case inapreciable entre o teléfono e a súa funda, de xeito
que poderemos cargar o móbil con só colocalo sobre un cargador coa tecnoloxÃa
de carga Qi (empregada por dispositivos como o Nokia Lumia 920 ou os Nexus 4/5/7)
convertendo o móbil de Apple nun auténtico dispositivo sen fÃos.
Vendo esta intelixente solución para incorporar carga por indución no iPhone
sorprende aÃnda máis que Apple non decidise por integrar esta tecnoloxÃa nos
seus dispositivos móbiles.
- O iQi Mobile Receiver ten un grosor de só 0,5 milÃmetros na súa parte máis delgada
VÃdeo de presentación do iQi Mobile Receiver