Un accesorio para iPhone permite controlar o noso nivel de glicosa
luns, 7 de maio do 2012
O número de accesorios para o iPhone non deixa de medrar,
pero cada vez vemos máis orientados a usos médicos, que buscan tirar proveito
do feito de que os usuarios levan sempre o móbil consigo, e asà temos que nos
EE.UU. comezan
a vender un medidor
de glicosa de IGBStar que pode conectarse a un iPhone ou iPoad Touch para rexistrar
os nosos niveis en sangue, que poden verse como un rexistro histórico,
estatÃsticas en perÃodos de 7, 14, 30 ou 90 dÃas ou gráficas que achegan unha
imaxe visual do nivel de azucre en sangue a
través dunha aplicación móbil. Unha interesante ferramenta para que os
diabéticos poidan coidar da súa saúde grazas a un bo rexistro de información.
- En Europa temos á venda un medidor de glicosa para iOS de Medisana
Pero en Europa tamén temos dispositivos semellantes, como o
GlucoDock de Medisana, que tamén apoia o seu funcionamento nunha aplicación
para iOS e véndese
por 99,99 euros. Permite levar un rexistro diario dos resultados
rexistrados e pode medir o nivel de glicosa nuns 5 segundos.
Cómpre destacar que Medisana non limita os seus produtos para terminais móbiles
de Apple a medidores de glicosa, senón que tamén ten o
ThermoDock (medidor de temperatura por infravermellos), o
CardioDock (medidor de pulso e tensión arterial) e a TargetScale
(báscula de análise corporal e peso metabólico), dispositivos que poderÃan
popularizarse no tempo para poder levar un mellor control da nosa saúde, tanto
pola nosa banda como de cara a subministrar información pormenorizada do noso
dÃa a dÃa ao médico, o que incluso poderÃa permitir a tele diagnose.