Un accesorio permitirá usar a PlayStation Classic con mandos sen fÃos
luns, 10 de decembro do 2018
A
PlayStation Classic chegou ao mercado como unha PlayStation conmemorativa,
en tamaño reducido e cun catálogo de 20 xogos precargados, e non só a selección
de xogos é un elemento criticado nesta máquina, senón tamén o feito de que inclúe
un par de mandos clásicos conectados cun cable de 1,5 metros, sen ofrecer a posibilidade
de aproveitar mandos sen fÃos para xogar, o que para moitos serÃa moito máis cómodo,
de aà que non deberÃa sorprendernos que 8BitDo vaia pór á venda
un adaptador USB sen fÃos.
Este novo accesorio, en contraste con outros semellantes para consolas mini,
non converte os mandos incluÃdos coa consola e mandos sen fÃos, senón que o que
permite é empregar os mandos da PS4, PS3, Xbox One S, Wii, Wii U e outros coma
se fosen mandos da PlayStation Classic (ou incluso como mandos USB de Switch,
PC, Mac, Raspberry Pi, Android TV...). Este accesorio de 56 x 24 x 8 milÃmetros
e 10 gramos de peso funciona basicamente como un receptor Bluetooth 2.1 por
USB, que presenta unha estética que casa perfectamente coa PlayStation Classic,
e que en Amazon.com xa
teñen dispoñible en reserva a un prezo de 19,99 dólares.
Cómpre lembrar que 8BitDo xa tiña un dispositivo semellante, cunha estética que
casa ben coa Nintendo Switch, que actualmente pode
mercarse a pouco máis de 15 euros.
- O receptor USB é compatible con numerosos mandos Bluetooth