Un accesorio xunta memoria USB con cable de comunicación/carga para o smartphone
mércores, 25 de febreiro do 2015
En
Indiegogo temos estes días un curioso accesorio que está a conseguir financiamento
a moi bo ritmo, de xeito que espérase que no mes de outubro sexa unha realidade
e, aínda que non supón ningunha innovación importante, si está a verse como unha
cómoda solución para o noso día a día. O SYMLIS
Sparrow é unha unidade de memoria USB que pode empregarse tamén como cable
para a carga e a sincronización do noso smartphone.
Temos así unha unidade de memoria USB de 16/32/64 GB cun conector USB para
poder acceder aos seus contidos dende un ordenador, que no outro extremo inclúe
un pequeno cable que remata nun conector microUSB ou Lightning (en función da
versión que escolla o comprador) para conectarse a un smartphone con Android ou
iOS, de xeito que serve tamén para cargar a batería do teléfono e, no caso de
smartphones ou tabletas con soporte para OTG (boa parte dos trebellos con
Android) permitiría incluso o acceso ao contidos da unidade de memoria.
E o
máis interesante desta solución é que conta cunha tapa dobre para ambos
conectores, de xeito que fai doado que que levemos o accesorio no noso chaveiro
(pendurando polo cable).
Deste xeito temos un accesorio multi-funcional, que fai de memoria USB para
ordenador, memoria USB para dispositivos con Android e cable para cargar o
smartphone (ou conectalo ao ordenador), que pode resultar de grande utilidade
para os que normalmente levan este tipo de accesorios consigo. Neste momento o seu
prezo a través da campaña de Indiegogo é de 35 dólares (36 euros cos portes
incluídos) para o modelo de 16 GB, 49 dólares (48,4 euros con portes) para o
modelo de 32 GB e 79 dólalres (74,8 euros con portes incluídos) para o modelo
de 64 GB.
- O Sparrow ten unhas dimensións bastante compactas
- O SYMLUS Sparrow con versión para Android e para iPhone