Un almorzo de traballo en Pontevedra instará a empregar as redes sociais para mellorar as vendas

venres, 15 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Para animar aos profesionais da provincia de Pontevedra a tirar proveito das redes sociais para comunicar mellor e vender máis desenvolverase o vindeiro mércores no salón de plenos da Deputación de Pontevedra (na Avda. Montero Ríos de Pontevedra) desenvolverase un almorzo de traballo, que abrirá ás 10:30 horas coa presentación do CPAE 2.0 por parte de Francisco Javier Dios Pomares, a quen seguirá o responsable de medios dixitais de Hijos de Rivera (Estrella Galicia, Cabreiroá, 1906 e Estrella Galicia 0,0), Francesc Pumarola, cun relatorio que pode resultar de grande interese para os que queiran facer un uso efectivo das redes sociais para favorecer os seus negocios.
A estratexia dixital para empresas será o tema a tratar por Francesc Pumarola neste seminarioPumarola encabezara a área de Internet de Canalvoz, liderando actualmente a estratexia dixital de Hijos de Rivera, peor tamén conta con moita experiencia como formador na materia a tratar no seu relatorio, xa que é director académico e profesor do Mestrado en Estratexia Dixital, Marketing Online e Comunicación 2.0 de IFFE Business School da Coruña e profesor de varias escolas de negocios.
A esta xornada de traballo pode acudirse de balde, para o que é preciso inscribirse previamente en liña a través dun breve formulario.