Un anel conectado quere servir para falar por teléfono e incluso realizar pagamentos
luns, 30 de abril do 2018
AÃnda que o sector dos wearables parece terse centrado no pulso con accesorios como
reloxos conectados e pulseiras de actividade, existen outras propostas máis
curiosas, como o Xenxo S-Ring, un anel que
permite facer chamadas de teléfono aproveitando o Bluetooth, almacenar
ficheiros, controlar a reprodución musical e incluso facer pagamentos mediante
NFC.
Para facer realidade este trebello está
en marcha unha campaña de micromecenado en Kickstarter na que o produto
parte dun prezo de 199 dólares, estando previsto que inicie a súa entrega as
mecenas a finais do presente ano.
Este produto vén a ser un anel que comunÃcase co noso smartphone por Bluetooth
5.0 para funcionar como un accesorio sen fÃos máis, aÃnda que tamén agocha un
porto USB para que poidamos empregalo como se dunha memoria USB de 4 GB se
tratase (aÃnda que será preciso identificarse a través dunha aplicación para
poder acceder aos seus contidos de xeito seguro).
Este anel integra distintos sensores (acelerómetro e de proximidade), micrófono
e altofalante, de xeito que poderá empregarse para falar por teléfono, realizar
control por xestos, empregar asistentes de voz, chamar a servizos de emerxencia
e incluso para alarmas silenciosas (evitando espertar á persoa coa que se
comparte a cama) e para poder realizar pagamentos en establecementos fÃsicos
como se fose unha tarxeta bancaria contactless.
O Xenxo S-Ring poderá cargarse por USB, podendo aguantar en espera até 5 dÃas,
mentres que para o seu uso para chamadas a duración da súa baterÃa quedarÃa en
3 horas (podendo cargarse completamente en só 45 minutos). Terá resistencia á
auga, será compatible con Android, iOS, Windows e macOS, e buscará, en definitiva,
transformar o noso dÃa a dÃa cun novo xeito de interactuar co noso smartphone e
con outros elementos de uso cotián.
VÃdeo promocional do Xenxo S-Ring