Un artigo sobre o impacto mental da Internet gaña o Premio Reimóndez Portela
mércores, 10 de decembro do 2025

- Xuntanza do xurado do Premio Reimóndez Portela
Na edición na que o Premio XornalÃstico Manuel Reimóndez Portela celebra tres décadas de traxectoria, a xornalista Raquel Campos Pico obtén por segunda vez este galardón. O xurado escolleu a reportaxe Non estamos ben en internet entre as 21 candidatas presentadas ao certame que leva o nome do médico e humanista de San Miguel de Castro.
O tribunal estivo integrado por Lois Docampo MÃguez, David Cofán Mazás, Ana Cela Neira, Yuri Carrazoni Mier, Juan Andrés Fernández Castro e MarÃa Victoria Reimóndez SanmartÃn. Logo de avaliar os traballos e contrastar opinións, acordaron por maiorÃa conceder o XXX Premio XornalÃstico Manuel Reimóndez Portela á reportaxe gañadora, unha peza en profundidade que analiza o impacto da hiperconexión na saúde mental e no benestar emocional, ademais de expor como a conexión permanente opera hoxe como unha nova forma de presión laboral.
O fallo destaca que Non estamos ben en internet aborda cuestións de plena actualidade con enfoques diversos, combinando voces coas que o lector pode identificarse con outras de carácter máis profesional que afondan na análise sen caer na superficialidade. Subliña tamén que ofrece unha lectura fluÃda que atrapa dende o primeiro parágrafo e que introduce o paradoxo de que, na era da información, o maior risco é a desinformación, reivindicando como resposta un xornalismo pausado e reflexivo.
Coñecida a decisión, a edil estradense de Cultura, LucÃa Seoane, comunicou o resultado á galardoada. Lembrou ademais que se trata da segunda ocasión na que un traballo de Raquel Campos Pico resulta premiado neste certame: en 2016 obtivera o recoñecemento pola reportaxe Descubrindo á esquecida Marquesa Roja.
Graduada en Ciencias da Información en 2007, Raquel C. Pico desenvolveu a súa carreira en medios dixitais e, dende hai unha década, exerce como freelance. Natural de Santiago, traballa entre Compostela e Vigo. Recoñece que se presenta con frecuencia a este premio e admite estar «nos dous lados» do fenómeno da hiperconexión, tanto polo seu impacto laboral como pola súa dimensión persoal. A reportaxe premiada incorpora tamén esa dobre mirada, contrapondo a necesidade de estar permanentemente conectados coa idea de que poder desconectar e apagar o móbil comeza a converterse nun privilexio de clase.
