Un ataque deixa 4chan fóra de servizo
mércores, 16 de abril do 2025
A popular e polémica plataforma social 4chan (que conseguiu grande visibilidade no marco do CelebGate e chegou a inspirar unha réplica galega chamada Conachán) padeceu onte o que parece ser un serio ataque informático que aÃnda mantén hoxe a súa páxina web con problemas de acceso e, pese a que non publicaron ningún comunicado oficial (agás a insinuación de que estaban a traballar en solucionar os problemas técnicos), aseguran que a brecha de seguridade facilitou a filtración do código fonte do sitio, as súas bases de datos internas, os correos electrónicos e información de contacto de moderadores.
Varias fontes dan conta de capturas de pantalla nas que amosan o acceso ao panel de control de 4chan, do seu código fonte e das súas bases de datos, o que confirmarÃa que estamos ante un ataque informático con serias repercusións, atribuÃndose o ataque a un grupo (Soyjak.party) coñecido como the sharty.
Pese a que 4chan actualmente está moi lonxe da popularidade que tiña nos seus primeiros anos, segue a ter grande relevancia á hora de popularizar contidos en liña, pois o seu formato de publicación (foro orientado á publicación de imaxes) ten como principal reclamo a súa propia marxinalidade.