Un ataque informático podería ter acadado datos confidenciais de 8 millóns de clientes dos hoteis Best Western

martes, 26 de agosto do 2008

Unha investigación do Sunday Herald descubriu que un hacker indio conseguiu burlar a seguridade do sistema de reservas en liña do grupo de hoteis Best Western, vendendo os detalles de cómo acceder á información a un grupo mafioso ruso.
Os datos roubados incluirían o nome, o enderezo, números de teléfono, detalles da tarxeta de crédito e mesmo o posto de traballo dos clientes destes hoteis, polo que se estima que habería uns 8 millóns de afectados por este ataque (pois a información almacenaba correspondía ás reservas dos últimos 2 anos), aínda que o sistema se desactivou cando se detectou a intrusión.

PUBLICIDADE