Un blog recupera publicacións galegas históricas
martes, 14 de xuño do 2011
Considerando que
na actualidade a Rede é a principal fonte de información para boa parte dos
galegos e en vista das dificultades que hai para atopar os contidos de certas publicacións
moi representativas da nosa cultura, chega o blog Publicación Galegas, que busca recuperar a Revista Nós, os xornais A
Nosa Terra e A Fouce e outras publicacións
de interese (como Terra, Alento, Guieiro e Rexurdimento),que
irá recollendo en formato PDF para facilitar a súa descarga e consulta,
pretendendo asà favorecer á súa divulgación.
Este blog leva un par de semanas de andaina, nas que recolleron os 3 primeiros
números da Revista Nós publicados en
1920 e os 4 primeiros números do xornal A
Fouce editados en 1926, o que xa supoñen unha interesante achega que algúns
consideran que era
toda unha necesidade que estaba desatendida.