Un cable permite compartir por USB os ficheiros do PC

venres, 14 de maio do 2010 Marcus Fernández

Moitos dos televisores modernos contan un porto USB dende o que reproducir contidos multimedia ata de alta definición, pero para facer tal é preciso copiar os ficheiros a memorias USB, o que resulta incómodo para moitos consumidores, de aí que na popular tenda en liña Brando estean a vender un cable que permite simular unha memoria USB que conten os documentos compartidos no ordenador ao que se conecta, permitindo velocidades de transferencia que permite incluso a reprodución de vídeo a 1.080p.
O USB to 1080p HDTV Share Cable ten unha lonxitude de 110 centímetros, pesa 35 gramos, inclúe software para funcionar con equipos Windows 7/Vista/XP/2000 e véndese por un prezo de 24 dólares (19,41 euros).

PUBLICIDADE