Un cadro de mando fai máis accesibles as estatÃsticas de dixitalización de Galicia
luns, 29 de xullo do 2024
O OSIMGA conta cunha nova ferramenta que facilita as consultas sobre as estatÃsticas de dixitalización que publica periodicamente a través de informes e estudos para a avaliar a penetración das TIC en Galicia.
Grazas á aplicación de tecnoloxÃas baseadas en Business Intelligence, os usuarios poden acceder a un cadro de mando que permite personalizar as consultas; seleccionar os anos da serie histórica que se desexen visualizar e presentar un ou varios indicadores simultaneamente na mesma gráfica. Tamén permite modificar diferentes caracterÃsticas do aspecto das gráficas.
Grazas á versatilidade da nova ferramenta de difusión, as actualizacións dos datos estatÃsticos da sociedade dixital iranse aplicando de forma inmediata, cando estean dispoñibles. Ademais, o cadro de mando permite a consulta das series históricas antigas, e que se irán ampliando ano a ano.
Os datos que conten con desagregación a nivel provincial, tamén poden ser visualizados a través de mapas dinámicos integrados no propio cadro de mando.
O novo cadro de mando conta, tamén, cun apartado de resumo dos datos máis destacados e acceso á metodoloxÃa, fontes de datos e ao proxecto técnico que se aprobou, asà como ao plan estatÃstico anual e á Lei de EstatÃstica de Galicia.