Un centenar de veciños do Porriño formáronse en capacitación dixital aplicada
martes, 6 de agosto do 2024
Até 90 persoas participaron ata o de agora nos cursos de capacitación dixital aplicada que se están a impartir no Porriño, impulsados polo Concello. Foron cinco as quendas desta actividade formativa na que o alumnado obtén información e alfabetización dixital, aprende sobre a creación de contidos e seguridade na Rede.
A formación está centrada en contidos básicos para iniciarse no uso de teléfonos intelixentes e nos computadores, no manexo do correo electrónico, nas distintas aplicacións de Google, na organización e recuperación de información, na xestión das citas médicas, e en todo o preciso para relacionarse coa Administración local a través da súa Sede Electrónica, xestionar impostos e adquirir coñecementos básicos de Big Data (análise de información a gran escala) e Intelixencia Artificial.
Ademais, aprenden como crear contidos dixitais nos distintos formatos e entendendo a parte legal das licenzas e do copyright.
Trátanse tamén aspectos de seguridade na Rede, tanto en computadoras como nos teléfonos móbiles, ciberataques e como protexer a presenza nas redes, entre outros temas.
Os cursos retomaranse no mes de setembro e as persoas interesadas poden anotarse xa. Teñen unha duración de 30 horas e están abertos a todas as persoas interesadas de maneira gratuÃta. Impartiranse como ata o de agora de forma presencial nas instalacións de Porremprego en dous horarios, de mañá e de tarde, para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas.
Haberá oito novas quendas, as primeiras delas darán comezo o 2 de setembro e rematará o 10 do mesmo mes. Os horarios serán de 9:30 a 13:50 h de mañá e de 16 a 20:20 h de tarde.
As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse contactando directamente con Porremprego, ben presencialmente, chamando ao teléfono 986 33 82 17 ou enviando un correo electrónico a orientacion@porremprego.org, ou directamente no formulario do Curso de Ofimática e Capacitación Dixital.
O curso está financiado cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do Ministerio de PolÃtica Territorial e Memoria Democrática e no marco de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.