Expertos das tres universidades galegas colaborarán na elaboración da Estratexia Dixital 2030
luns, 2 de decembro do 2019
A Xunta avanza un paso máis no proceso de elaboración da
Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030) coa constitución dun comité
académico de expertos en diferentes disciplinas que contribuirán a configurar
as directrices da folla de ruta dixital para a vindeira década. A creación
deste comité de expertos, integrado por 22 académicos do ámbito tecnolóxico,
industrial, económico, xurÃdico, sociolóxico, educativo e sanitario das tres
universidades galegas foi presidido hoxe pola conselleira de Educación, Universidade e
Formación Profesional, Carmen Pomar, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira.
As cuestións clave sobre as que este grupo de expertos fará as súas achegas e
reflexións xiran en torno aos novos modelos económicos e laborais; as
competencias dixitais da sociedade; os novos perfÃs profesionais; a adaptación
dos servizos públicos as demandas sociais; a posición de Galicia nas
tecnoloxÃas do futuro; asà como o marco ético e xurÃdico necesario nun contexto
de rápido e continuo avance dixital.
Proceso de elaboración
A creación do comité de expertos supón un novo fito no
proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030, que arrancaba o
pasado mes de xullo coa celebración dos foros de debate profesional, nos que
participaron arredor de 200 axentes sociais e económicos da Comunidade,
implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de
actuación.
Representantes das principais empresas da Comunidade, do Hipersector TIC, das
institucións públicas e da sociedade civil abordaron nestes encontros posibles
liñas de actuación da futura Estratexia en torno a catro áreas temáticas:
Territorio Verde e Conectado, Vida Dixital EconomÃa Aberta, e Especialización
Tecnolóxica.
O comité de expertos académicos complementará a visión dos centros tecnolóxicos
e empresas, e axentes económicos e sociais que están a participar no proceso de
elaboración da EDG 2030
Para a elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 establécese a
metodoloxÃa de elaboración derivada do Centro Común de Investigacións da UE,
contando con paneis de profesionais non soamente tecnolóxicos, senón tamén do
ámbito do dereito, a economÃa e as humanidades.
Estas achegas multidisciplinares serán de especial relevancia á hora de facer
fronte ás cuestións éticas, xurÃdicas, e económicas derivadas dos novos modelos
sociais e económicos vinculados á Intelixencia artificial, ao tratamento dos
datos, ás adiccións, aos ciberdelitos ou o futuro do emprego...entre outras
A directora da AMTEGA sinalou que neste proceso de elaboración da nova
Estratexia é de vital importancia «combinar o coñecemento experto nos distintos
ámbitos co dixital e a creatividade para dar resposta aos retos da
transformación dixital».
Neste sentido destacou que o «papel dos expertos, aos que agradeceu a súa
colaboración, será fundamental na identificación das principais pancas a
incorporar na Estratexia, e na vixilancia das últimas tendencias para
contribuÃr a identificar nunha fase temperá os cambios que se aproximan en
todas as esferas da sociedade».