Un de cada catro delitos coñecidos en Galicia é unha estafa informática
venres, 12 de agosto do 2022
Soben
na nosa terra os delitos online. AsÃ, o
reflicte o Balance de Criminalidade do segundo trimestre do ano, que
a apunta a que furtos e estafas, con especial atención ás de tipo
telemático, xa representan en Galicia máis do 50% do total de
delitos cometidos. Máis polo miúdo, os datos advirten que entre
xaneiro e xuño deste ano coñecéronse en Galicia 9.150 furtos e
16.011 estafas, das que 11.788 foron cometidas a través de medios
telémáticos. Segundo advirte a Delegación do Goberno en Galicia, o
peso desta tipoloxÃa penal no cómputo da criminalidade en Galicia
segue sendo elevado e fai que un de cada catro delitos coñecidos en
Galicia sexa unha estafa informática.
Da
análise dos datos, a Delegación salienta o aumento dos delitos de
seguridade viaria. Neste caso, subiron un 30,6% respecto ao ano
pasado. Unha gran parte dos 2.306 delitos á lexislación viaria
rexistrados en Galicia foron relacionados co consumo de alcol e
drogas, tal e como advertiu a Comisión Autonómica de Seguridade
Viaria na súa última reunión celebrada na Delegación do Goberno.
O
informe completo cos datos por provincias, por cidades de máis de
10.000 habitantes e municipios de máis de 20.000 habitantes pode
consultarse no portal estatÃstico de criminalidade do Ministerio do
Interior.